Monday 06 de May de 2024

O futuros GES reciben formación sobre intervención en emerxencias na Academia Galega de Seguridade Pública


A extinción de incendios urbanos e forestais, a intervención en incendios forestais, as actuacións e caso de accidentes de tráfico e os primeiros auxilios constitúen os catro grandes módulos de contido

Un total de 16 persoas que superaron os procesos selectivos para os Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) dos concellos de Guitiriz, Laza, Muíños e Avión participan nun curso sobre intervención en emerxencias específico para este persoal na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

O obxectivo deste actividade é achegar unha formación especializada nuns niveis de capacitación suficientes para que o persoal dos GES poida comezar a asumir as súas funcións no seu novo destino. Para iso, o contido estrutúrase en bloques relativos aos principais riscos e emerxencias nos que, segundo as estatísticas da Xunta de Galicia, intervirá este persoal.

O director xeral de Emerxencias e director da academia, Luis Menor, mantivo hoxe un encontro cos alumnos desta formación, que abrangue a extinción de incendios urbanos e forestais, a intervención en incendios forestais, as actuacións e caso de accidentes de tráfico e os primeiros auxilios como principais módulos de contido. Este curso realízase de xeito presencial, con 70 horas lectivas, 30 de teoría e 40 de práctica.

O curso está a desenvolverse nas instalacións da Agasp, na Estrada, desde onte e durará ata o 16 de maio de 2016, en horario de mañá e tarde, de luns a venres.